sábado, 10 de noviembre de 2012

Dedicatoria.

Dos comezos incertos e noctámbulos,
dos papeis.
Do aquí e o agora.
De morrer un pouquiño tódalas veces
e saudar os beizos sempre que é posible.
Do can invisible
que se revolve feliz entre as nosas pernas.
De atoparte, de esgotarte, de encherte,
de esmorecer un pouco e sosterme.
Das praias núas, de pesos.
De esas cousas que ninguén máis coñecerá,
e árbores que se deslizan na mirada.
Da comprensión que choran os teus ollos
cando se queixan (mi mi mi mi mi) de que os desnudo.
Da tranquilidade da noite, as lontras,
a contaminación lumínica, os movementos exasperantes dos animais de transporte.
De quererte.
De todo iso me alimento
e absorbo a existencia coma un aire de cor tranquila.

jueves, 6 de septiembre de 2012

División da Alegría.



o amor destrózame de novo
e mantenme en pé.

pequenos insectos das ausencias na rutina de agardar
a hora das ovellas.
penso e non creo que sexa malo,
por fortuna.

hei de esvairme en tebras nacaradas
na brandura dun verde que me acougue sedes,
para poder tocarche coa     punta        do          naris              ...

a calor tan necesaria do recordo fortuíto,
do que houbo, do que foi...
crío pequenos fetos de novos violíns bebé
que sei que chegarán algún día a este alféizar a consolarme,
agardo e destrózome.

agardo a hora na que nacen as ovellas
na luz de quedarse a escuras.
a ración diaria de vida para esta comediante.
bágoas sorprendidas.


love, love will tear us apart... again

Psychedelia e radiografía da lama.

sombra en forma de doutora demoníaca
cun chute de morfina no xeonllo.
chimpo interdimensional/ a insipidez acariñoume as orellas
coa música das flores que dormen cordeiros.
durmir
morrer
durmir
...
zzz

pero ás 5:00 a.m. aínda se ten fotofobia
e tendencias suicidas, asomada a un ceo de vómito.
cando ata iso é vomitivo...

e porén...
un reducto.
un oasis de heroinómano
unha gorida de osiño onde hibernar.
cada mota de pó é o ingrediente do consolo.

as pantasmas non se atreven a me saudar,
fáltalles o alento.
pantasmas, opio,  materia, non teñen onde caerse mortas.

e ti? existes aínda?
dubídoo razonablemente,
mais non son boa filósofa e espero.
porque existo eu e aínda que o teu corazón non lata...
comereite con patacas
escoitareite no motor dos coches
no pano que limpa os cristais
nos pasos quedos dos coellos.

...even if your heart stops
I'll be there to hold you up...

"Cuanto más te acerques a la luz
mas grande será tu sombra.
Pero no tengas miedo porque,
no lo olvides:..."

olvideino

inferno acabado de parir.

e xa toco a luz coa punta dos dedos
-ti, ti, sempre ti como motivo da bocanada vindeira-
mentres afundo na lama de estar.

*wof*

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Is this love? (Poemiña suave)

















balancéome na pereza dun novo lugar.
a cómoda espera de esperar por ti.
e un burro pasa ás doce pola praza
-toc toc toc-
con respiraciín mística.

todo da tanto noxo como é posible
-excepto ti, miña vida, meu mencer con pan crocante-
(suor dunha noite seca)
e son un porquiño feliz
con lámpadas saíndo das mans pequenas.

a cómoda espera arroupada na lama.
botar de menos é tan doce,
tan doce que manca.
-e ti, meu amor, miña pequena de angora e espello,
ti vives agora tan perto
e tan persistentemente
nos meus latexos de Bob Marley...-

*sig*
suspiros que osixenan           ...           a mente suave
caricias
é isto amor?

-terche tan perto, tan adentro, tan calmo?-
o neno de puños vendados terá frío?
tes frío? acougo por ti, dor doce de agardar.
gardo e revolvo.

is this love    is this love    is this love

ata a amabilidade do perezoso queda lonxe xa.
todo lonxe, aquí abaixo, no chan.
-agas ti, meu ben. non te esquenzo, ti fasme degolarme
resucitarme, cerciorarme, amarrarme e beberme todo este cuspe de sitio. ti e só ti.-

lama, a máis non aspiro.
-pero contigo.
suavemente.-

lama doce.

"Cuando los cerditos toman chocolate
el mas chiquitín es el que lo bate."

lunes, 27 de agosto de 2012

Creep


[but I'm a creep, I'm a weirdo,
what the hell am I doing here?]



exploración do corpo na busca de un. non estou tralas orellas, nin baixo a lingua, nos estou no embigo, no sexo, nas dedas dos pés, no pelo, nos ollos,... non estou.
non teño tempo de mirarme
non fuxo porque estou agochada dentro de min e me mareo cos golpes
pero aparezo
nun tempo asquerosamente amarelo
aparezo ante ti arrincada das entrañas
-toma
-vale
e atopo o meu ser no mundo durante un segundo que logo acaba no desaugadoiro
pero é un segundo oes
é un segundo...
un
-
un can escoba que mata o gato da memoria?
menuda merda de regalo
pero sei que me queres moito, máis que ao leite con galletas e os tebeos e quéresme tanto que me cuspes de vez en cando pra que medre
non, en realidade falo sen querer, que bonitiño
e eu dou voltas en espellos opacos así que non podo responder máis que torpemente
non te revolves, eu non sei máis ca unha flor adormecida
neste estado de confusión que me predicas e que foi o meu outono
dime, como será este?
escacho a rir coas miñas perdas e non preciso
nada
de nada
"-Nada de nada?
-NADA DE NADA!"

MINTO

con toda a borralla que levo pendurada ao pescozo.
coma un can leal. eu quero ser un can bonito que corra pola praia feliz e atope laranxas pra mastigar e morra por ti
ti ti ti
ti e as dores de ser ti, un can que se esfole e diga "arf!"
outros ensinaranme a encoller
a que me desaparezan as enrugas e as creencias
a vomitarme os maleficios, ensíname, porfa, veña e bícame tamén
xa que estamos nesta luz que treme de angustia
desaugadorios que me enchen, todas esas letras que me aguilloan son o único que me entra
ir despacio, todo precisa ir despacio como un autista
o steampunk é unha merda
unha merda seductora
pero cando apareces ti , bah, entón oénse medrar as margaridas *silbido* *chasquido*

e as meixelas vólvenseme líquidas e a luz cómeme a pel toda e a existencia é unha enorme bóla de gas que arde a millóns de kilómetros de aquí
o movemento slow cobra sentido, átame a unha estaca
unha estaca de arroz
e prometoche non soltarme ainda que poida coma os elefantes.
agardo os tronos de sol a sol
agardo os teus puños entre algodóns
pero dous mundos me corrompen na seguinte fronteira
(procedencia-destino)
raións amarelos
e vaia por deus, acéndelo forno e buscas a calor e queimalas mans todas.

tanto mellor que durmas
con ducias de ovelliñas doces
que disolvan a túa saliva.

sábado, 14 de julio de 2012

Comprensión I (Hope there's someone/ música do medievo)

espero que haxa alguén
que coide sempre de ti.
que atopes a calma en cada folla verde.
que pequenas ovellas che nazan das fazulas sen querer
e vaguen pola terra.

é necesario collerche a puñadas?
a timidez coa que che ouservo?
espero por ti.
calmo o espírito, cálmasme,
co teu aire no que poderían durmir pichóns.

vólcome.
confúndome.
salo de min
para entrar en MIN,
e mentres bebo esencia en cuncas hippies.
cóntasme da bossa nova e todo o que fas é dun placer inmenso.
criatura.

pensas, bailas como un río
convirtes
todo en melancolías da calor.
escoitas.
és un animal de ollos grandes
que vive sorprendido.

toca a cuncha da tartaruga.

"quérote
-...-
transfórmame
-...-
vólveme eu, desnúdame de todo isto
-iso podo facelo (cala)-
...
-...-
...
-atópate-
vale"

sábado, 2 de junio de 2012

Medo.


Non teño máis sangue, máis forza ou máis veas
atopo nos lustros sodados de pena
cachopos, folerpas, ruídos, encontros
discotecas raídas,
estrondo asqueroso, vacilación
esforzo con chave, pensión viúva
Espidiforme estrela
recantos no gumio.
Que eu sepa non existe vellez
nin atopo descanso da neve.
Exprésate becho!
Encontros nas bágoas de deus.
Pero isto que é??
Móvete para a cociña! caghiná!
Estreno para ti un desfalecemento inminente,
E ti, e ti, e ti...
arrediós! acabouse
vou cuspir sobre a túa tumba
tódalas tumbas, estera, peteiros
cacofonías da linguaxe
debo destruír a linguaxe, bip bip
atúzaro escarpio xagular bunito
bunitiño miu miu miu
volschenka e hostias en vinagre!!
como dice la canción...
tantas teteras animadas envenenanhh
E ti, vives no mundo, nininiña?
remata xa dunha vez, Petrarca!!!
xa está!!
E as memorias lévanse a costas coma as pulgas.
auuuuur au au aur...
ESPARTANOS!! CUAL ES EL SÍMBOLO DEL ORO!!??
Aurum, áureo, merda
todo o silencio pola alcantarilla
Desaugadoiro
Vivo na mandesume
das notas musicais
a música é o meu opio
canguelo
maldito afinar
atopo lascivas as túas prendas prendadas
dos olos negros de pozo de mukusuluba de xente de touro de vida de morte de vergonza.
Asco, moito asco.